Presentación

Borges conta o seguinte: “Dediquei unha parte da miña vida ás letras, e creo que unha forma de felicidade é a lectura; outro xeito de felicidade é a creación poética, ou o que chamamos creación, que é unha mistura de esquecemento e recordo do que xa limos. Emerson coincide con Montaigne no feito de que debemos ler únicamente o que nos agrada, que un libro ten que ser unha forma de felicidade”. A escritura ábrenos un mundo de posibilidades e axúdanos a medrar como seres humanos. Bioy Casares ilustra o seu valor do seguinte xeito: “Escribir é agregar unha habitación á casa da vida”. Os seres humanos precisamos os contos para vivir. ¿Qué sería de Bastián, o cativo acomplexado de “A historia interminable”, sin as historias que conta? Dende logo, José Bastida, de A saga/fuxida de F.B., se non é polos seus escritos sería toda a súa vida un desgraciado e nin podería escribi-la historia de “Castroforte de Baralla” nin namoraría a Xulia. As historias fan as nosas vidas máis ricas. Todos nós, como lle ocorre a Alicia, buscamos (durmidos ou expertos) un mundo de marabillas, onde dar renda solta á nosa imaxinación, que medra aínda máis cando deixamos aos demais que entren nel. Ler historias, vivi-las historias e simplemente vivir constitúen o ideal ó que invitamos.